miércoles, 16 de noviembre de 2016

INVERNÍA

As mañás frías, as mañás de xeada, de néboa grosa que non me deixa ver máis aló do meu nariz.
A choiva cerrada, preta, que converte o día en noite.
O sol de xaneiro que arremete nesos días fríos e que templa o corpo e o espirito.
Os campos brancos na mañan cedo e o xeo que se fai terco nas cunetas.
A neve con esa caída pausada e tranquila.
A Invernía tamèn nos calma e nos reconforta.

martes, 30 de agosto de 2016

OUTRO VERÁN NO LOMBO

E outro ano máis chega o final do verán.
O mes de Agosto remata coma todos os  anos deixando detrás un regueiro de amigos, festa, reencontros e ledicia, pero sempre queda tamén unha pegada moi fina de esa pena, de esa morriña que fai que xa estemos esperando o ano que ven.
Eso sí, temos o fin de festa dos Remedios esperando a volta da esquina, e entonces eso sí que será o final.
Con todos os que pasei este verán un anaquiño de tempo, gracias, porque sin todos vos non sería o mesmo.

lunes, 30 de mayo de 2016

A TERCEIRA

Cando un chega tarde nin oe misa nin come carne.Na miña casa coma son moi precavidos quedaba inda carne para repartir e unhas cuantas misas para comulgar...

A miña irmá a punto de casarse, o meu irmán universitario perdido e eu en pañais....que cuadro!!!A Maru o borde do colapso e o Cortón encantado porque lle viña outro xoguete.

Non me poido queixar...mimos non me faltaban.

 Na miña irmá sempre tiven unha segunda nai, ela foi ensaiando conmigo ata que enseguida asomou a Paula a cabeza.

Co meu irmán aprendín quen era Miguel Ríos, as pelis de terror e a ser do Atlético.

Fun unha filla única rodeada  de irmáns grandes e de sobriños que acabaron sendo meus irmáns.Fun a pequena da familia por moi pouco tempo, pero moi intenso.Teño moitos recordos de eses anos con eles, e todos moi felices. 

Son a pequena do Cortón e da Maruja,a filla máis nova, irmá da Toti e do Jose.

sábado, 28 de mayo de 2016

LAPSUS

As veces pásame. Dura unhos segundos e logo caigo na conta e xa esmorece ese pensamento.
Estou na casa facendo algo normal, coma ver a tele ca Maru ou comer, e a miña cabeza, de repente, dime (e este pensamento sempre,sempre é en castelàn): "dónde estará papá? porqué aún no llegó?" e deseguido vaise ese pensamento, e ven acompañado dun pequeno vacío.
E coma se estivese esperando que aparecera por a porta en calquera momento ca súa trenca azul,o seu andar tranquilo e as súas mans grandes e morenas (cómo  recordo como esas mans cando apretaban as miñas) ca bolsa do pan.
E tal como ven, vaise...

martes, 10 de mayo de 2016

Davicito

A chegada do meu sobriño neto as nosas vidas foi todo un acontecemento.
Un fillo dun sobriño que nos facía a todos moito màis vellos. Cando Jorge e Gemma nos deron a noticia o Cortón dixo: "Maruja xa nos están botando...." E así foi. David chegou poucos meses despois de morrer o meu pai, e creo que todos pensamos que en David viña algo do Cortón, coma unha pequena reencarnación.
Encheu de ánimo e ledicia as nosas vidas, porque nese momento necesitabamos sentir que a vida viña pegando forte.
É un bule bule que nos atrapa e nos reconforta co seu cariño. Que nos fai voltar a infancia e que non nos deixa medrar de todo.
Cando ollo para él sin que se de conta, vexo toda esa inocencia que se vai perdendo cos anos e penso no maravilloso que é ser neno, no maravilloso que é o noso Davicito.

sábado, 16 de abril de 2016

O GETO E A MERRY

Estos son os nenos dos meus ollos.
Os meus irmans pequenos. Cando chegaron as nosas vidas Paula e eu xa tiñamos a nosa infancia organizada e viñeron a poñer todo patas  arriba.  Primeiro Jorge, que sempre estaba con nós as dùas e que o facìamos rabear moitísimo pero que non podiamos vivir sin él, e despois María que xa nos pillou máis grandiñas e era o noso xoguete.
Ahora xa son maiorciños pero para min seguen sendo os meus pequenos.
 



"LAS CHICAS PATATERAS"

Estas son as miñas amigas da infancia: Anita, Rous, Olivia,Kely y Hermi, que inda que chegou as nosas vidas algo máis tarde e como si levará con nós dende sempre.
Con elas é cas que teño os mellores recordos da miña infancia e da miña adolescencia.
Aprendimos todo xuntas: a montar en bici, saltar a goma, xogar o escondite, a saltar charcos (bueno eu non), a nadar  no río da Ponte Mazaira, a facer excursións, a fumar, a beber, a bicar os mozos...Viviamos todos os momentos coma se non se foran a repetir nunca e moitos deles nunca máis se repetiron e pasaron a ser únicos. Sen elas é sen Montederramo estou segura que eu non sería a mesma persona.

sábado, 9 de abril de 2016

GARISA

Débelle o mote o genial actor Antonio Garisa. Como estaba sempre  de coña o seu "irmàn maior"Alberto púxolle ese alcume.

E un dos amigos dos que teño recordos dende ben pequena. A súa familia e a miña quedaron unidas pola boda da miñá irmá Toti. Así que non eramos primos, pero casi. E claro gracias a tía Camila, Nacho tamén apareceu nas nosas vidas en Montederramo.

De aqueles veràns quedan moitísimos bos recordos pero o mellor de todo e que seguen pasando os anos e seguimos estando ahí e seguimos disfrutando cada vez que nos vemos.Sempre digo que hai lazos que unen máis que o sangue e que hai amizades que sempre están  para recordarnos o que fumos e o que somos.

miércoles, 6 de abril de 2016

A MIÑA OUTRA FAMILIA

O longo da vida imos coñecendo a un montón de xente. Imos escollendo de entre toda esa xente e eleximos cales seràn os nosos amigos. Pero hai veces que a vida pon no teu camiño amigos que traspasan un liña moi fina e que sin ser da sangue acaban sendo da familia. Este é o caso de Alex, Teti e Laurita(a sobriña postiza). Inda que os vexades con esa pinta na foto en realidade son xente de ben. Son a outra familia que temos no Castro.

lunes, 4 de abril de 2016

CORTÓN

"Cortonciño non debías morrer nunca..." eso era o que lle decían o meu pai os seus amigos, pero a morte non distingue cuàles son os mellores.
Cortón si souberas toda a xente que te lembra e que segue falando de tí cun soriso na boca, se souberas o orgullosa que me sinto cando alguén te nombra nunha conversa... éncheseme o peito e penso no grande que eras.

Acordaste de unha pelicula que vimos xuntos e que rimos coma tolos unha noite os dous na sala?Titulabase "El cielo se equivocó".

Pois eso.

sábado, 2 de abril de 2016

MANZANEDA

Temos a capacidade de ir os sitios e pasalo bomba, pero hai lugares nos que a xente fai que eso sea fácil, e un de esos lugares é Manzaneda.

Os astros deberon confabularse para xuntar nese sitio unha tropa de xente cos que non é posible aburrirse.

A nosa debilidade por suposto é o Entroido, dende fai unhos anos,que aparecimos medio por casualidade , tentamos non fallar: por a festa, por a xente e porque eso é realmente entroido.

A Rebusca é outra data sinalada no almanaque, así coma os seràns que fan todos os anos.

Manzaneda é diferente. Se tedes ido algunha vez sabedes do que estou a falar.

O AVENIDA

No Castro hay un bar que xa é mitico: O AVENIDA. Un bar con estética dos anos ochenta no que xa ten pasado de todo.

Ata as doce da noite partida da terceira edade, e a partir de esa hora nunca se sabe o que pode acontecer...

Temos visto o Salvame Deluxe, Cadena perpetua, temos bailado ata a saciedade e ata feito coreografías, temos trouleado no alto das sillas e das mesas, temos colgado as banderitas dos Remedios dentro do bar e feito a conta atrás das festas co cartel , temos tocado dentro do bar, na terraza e ata dentro da barra, temos escoitado concertos improvisados e preparados, temos urdido plans de todos os tipos e de todas as cores, temos queimado o corpo despois dos fachós, temos xogado cinquillos interminables e temos falado ata as miles....

Cando estamos moitos días sin ir, xa nos pica o gusanillo de ir a pasar un rato ca Manolita e de votar unha parola. Porque todo hai que decilo,o bar sin a Manolita non sería o mesmo, o que nos ten aguantado a pobre tras de esa barra...e as veces inda nos atopamos o Oscar, que ven de acomodar as ovellas, e para con nos a tomarlle algo antes de ir para a cama.

Para min estar no Avenida é como estar na casa.Gracias Manola!!!

jueves, 31 de marzo de 2016

MIRA QUE LLES GUSTA...

É unha cousa impresionante o que lles gusta os homes vestirse de mulleres. Está comprobado cientificamente, e porse un vestido e enseñar as cachas e xa està o lío armado.

Ahí  están vestidos de princesas, con canesús, medias de rejilla...


Estas fotos son na despedida da miña cuñada Encarna  tirándose o ramo coma lobas, para que logo falen das mulleres.Son as fotos màis castas que temos de ese día o resto entrarían  na clasificación de XXX.

miércoles, 30 de marzo de 2016

O SON DAS PEDRAS

Que tempos!
Non logro lembrar cómo nos metemos en semellante lío pero meteusenos na cabeza e tiramos cara adiante.
Con uns poucos amigos patrocinadores e moitos huevos organizamos un festival folk.Todos os amigos axudaron, sobre todo a beber, e trouxeron amigos...Ata a xente maior acercouse a barra para facer unha consumición e botar unha man para que medrara a caixa.

Teño que facer unha mencion especial a Garisa e a Tomás, que sin eles non daríamos acabado os barriles de cervexa(os dous xa sabedes a que me refiro)

O cartel ahí o tedes:
Zaragallada, un grupo de pandereteiros da Coruña, Os Characúlus (Airiños de Caldelas en versión Folk)e os Cempés que tocaron,tocaron, tocaron e o día seguinte o  amencer seguían ca troula na Palloza.

Foi unha gran noite. Pasamos algún apuro pero mereceu a pena, porque non se sabe o traballo que dan as cousas ata que se tentan facer. E tampouco se sabe o orgulloso que te sintes das cousas ata que as consegues.

Ai eso si!!!Pasamolo bomba!!!

P.D.: esta entrada vai adicada a todos os que seguen tentando facer cousas en Montederramo. Inda que recibades críticas seguide cara adiante.

DE COCIDITO EN CHANDREXA

Dende fai unhos anos o sábado de Entroido xuntamonos os amigos do Castro para ir comer o cocido a Chandrexa de Queixa onde o Gerardo.

É tradición.

O menú é variado. De primeiro unhos callitos e unha fabadita. De segundo cocidito con todolos seus complementos y de postre FLANCITO.

Manxar de deuses.

A todo esto haille que meter un gin tonic detrás, porque si non o corpo non da roído.

E despois entroidamos en Manzaneda co Fulión....pero esto xa é outra historia....

domingo, 27 de marzo de 2016

DE GAITAS E GAITEIROS

"Basilisa no baile dixo en voz alta
eu se quero os homes é pola gaita"

Pois Basilisa tiña as cousas moi clariñas.

As coplas galegas teñen moitísimos dobres sentidos, supoño que,por aquel entonces, algunhas cousas só se podían decir cantando e outras moitas nin cantando.

Os Airiños teñen unha jota que me gusta especialmente:

"Anda decindo o teu pai
que non teño moita honra
se non quere can a porta
que bote a cadela fóra"

"Sementei millo miúdo
no colo dunha rapaza
hei de marchar polo mundo
antes de que o millo nazca"

"Unha vella por foder
namorouse dun gaiteiro
pola cona foi o ronco
polo cú foi o punteiro"

Romántica non si? 

E CON EL CHEGOU O ESCANDALO

E despois de algùn tempo de coñecer os Airiños de Caldelas, despois de festas, concertos, de facer de grupi, e de idas e venidas(incluso idas en bici a Montederramo en balde)chegou a primeira Flower power  no Castro e alí nun momento foi onde aconteceu.
Foi a última hora, sentados na terraza do Luar (ou do Avenida, sempre o esquezo) cansados xa de tanta noite e falando de naderìas, entonces pasou...soamente nos rozamos as mans, nada máis, pero de repente pasoume unha electricidade polo corpo que nunca esquecerei.
E alí quedará para sempre ese momento e cada vez que me lembro inda me da unha descarga no corpo.

viernes, 25 de marzo de 2016

NO CAMIÑO

Pois sí,  tamén nos deu por facer o camiño.
Intrèpidas e aventureiras alí  nos botamos,aí! eso sí!dende Sarria soamente, o xustiño para que nos deran a Compostelana, tampouco era para màis xa que o noso exercicio cotiá era a barra fixa, e de andar, andar non eramos moito.
O noso amigo Nacho (Garisa) era o encargado de levarnos a Sarria e de recuperar os nosos corpos, ou o que quedara  de eles, en Santiago.
A cousa foi como tiña que ir...máis festa que camiño. "La primera en la frente": festa da Augardente en Portomarín. Xa se montou o lío,  quedamos de verbena probamos  a augardente e xa chegamos as últimas o albergue. E eso xa nos meteu nun bucle de salir as últimas e chegar as últimas a diario, parar polo camiño a xogar o futbolín, tomar unha caña, facer relacións públicas....o caso e que nos demos a coñecer por a nosa capacidade de engarrar no camiño.

Chegamos feitas unha merda, ampollas nos pés, cagaleras, dolores variados...vamos cando chegamos a Santiago e vimos o posto da cruz vermella entonces si, vimos a luz e creo que a emoción foi máis que a de ver o Santiago Matamouros.
Garisa( que non confiaba moito en que chegaramos a Compostela) alí  estaba esperando por nós  e co Meilàn tamén preparado fomos  a queimar a noite, como non!!!

Foron cinco días cheos de anécdotas, alegrías, dores...Quedaron grandes lembranzas de esos días.

miércoles, 23 de marzo de 2016

A MARU


Esta é a miña nai. Con eso está casi todo dito: 

"miña nai miña naiciña coma miña nai ningunha que me quentou a cariña  co caloriño da sùa".

Teño tanto que agradecerlle que non me chegarían  todos os días da miña vida para facelo. Pero non fai falla, ela xa sabe todo o que a quero e todo polo que lle teño que dar as grazas porque è a miña nai e ela sábeo todo de min.

"Miña  nai miña naiciña
miña nai do corazón
moitas nais hai polo mundo, pero como a miña non"


martes, 22 de marzo de 2016

SEÑOR ALFREDO DEME UNOS CHICLES

O señor Alfredo vendía  e arranxaba zapatos.
Co paso dos anos  os zapatos xa non precisaban de tantos arranxos e a xente compraba noutro tipo de tendas e en Montederramo había unha morea de nenos gracias ao boom de natalidade nos  anos setenta, asi que o señor Alfredo diversificou o negocio.
Tiña todo tipo de Chuches incluso chuches que non chegaran a capital xa os podias atopar no Señor Alfredo: chicles Cheiw, tanzanitos, gusanitos, phoskitos(regalos y pastelitos), regalices de todas as cores...
E nos ali gastabamos a paga da semana. Con cinco duros eras o rei e salías  de ali cas mans cheas.
Despois da nosa xeración inda veu outra, pero despois os rapaces fixemonos maiores e o Señor Alfredo tivo que reinventarse de novo vendendo Sansom e chupitos de licor café  e contando historias de cando foi mozo en Valencia de unha fallera da que nos ensinaba unha foto.
Eu gardo un gran recordo daquela tienda, do seu baño tan particular, e do Seño Alfredo porque foi parte da nosa infancia. Inda que a xente decia que nos aturaba polos cartos eu estou segura que nos tiña cariño.

lunes, 21 de marzo de 2016

LA JUVENTÚ ER LOCA

Eso era o que nos dixo unha noite o Pío da Teixeira nunha verbena en Lumeares...E tiña razón. Tan loucos que as noites eran eternas as mañás curtas e polas tardes soamente existían as siestas. E sobrevivimos, sen esforzos. Home, habia días nos que erguerse da cama era unha heroicidade, pero facíamolo porque sempre había unha noite esperando por nos.
De esas noites viñan estas caras. Benditas noites!!!

PAULA, A PRIMEIRA.

Estaba eu a punto de celebrar o meu terceiro cumpreanos cando de repente unhos dias antes apareceu unha nena "gurdibola"rubia dando guerra.

Case me da un síncope,  eu que era a raíña da casa o centro de todas as atencions e o xoguete dos meus irmans e cuñado de repente, fodeuse o chollo.
En canto me levou o meu pai a vela, colleume no colo porque eu non chegaba a cuna, mirei ben a nova gurdibola e pregunteille o meu pai se lle podía sacar a cabeza e mirar o que tiña dentro....Mala idea....sacaronme da habitación "ipso facto".

 Viviamos no mesmo edificio, terceiro e quinto respectivamnete, así que eu estaba casi sempre ca gurdibola pequena, e claro acabeille collendo cariño, e incluso tiña cousas boas estar ahí en segundo plano porque como nadie quería que me celara tamen recibía moitas atencións....e si sobraba potito comia eu!!!!!.

Era a tía da gurdibola , que xa era todo un cargo, pero o final fixenme irmá dela. Pasamos os mellores momentos da nosa infancia xuntas e si volvera a ter tres anos outra vez volveria a pedir que Paula volvera a aparecer na miña vida.

domingo, 20 de marzo de 2016

NO MEU REFAIXO


Cando algo querias que non se perdera, coma os cuartos o pañuelo...guardabase no refaixo porque era o sitio que ía máis pegado a un e ahí non se podia perder.

Esta foto é unha das cousas que guardo no meu refaixo, porque o seu valor é incalculable e quero tela sempre pegada a min. Por suposto non me lembro de este momento pero sei sen dúbida que un dos momentos máis felices da miña vida. Sólo hai que verme para darse conta.

DE COMO CHEGUEI A ESTA FOTO


Esta historia remontase o seculo pasado. Unha noite das bandeiras na que nos achegamos o Castro,xa que en aqueles tempos viviamos practicamente para andar de festa. Non lembro totalmente aquela noite, pode ser polos efluvios do licor café ou porque coma xa vos dixen foi no seculo pasado e as cousas vanse escapando da memoria. O caso e que aquela noite entre festa musica e licor pegamos con unhos rapaces que decìan que eran os gaiteiros do pobo.

Pasamolo ben, resultaron ser boa xente e de alí a un mes atopamolos de novo na feira da carne de Montederramo tocando ca Charanga Medina e con outro personaxe O Chute que tocaba o acordeón.  Esta vez foi o viño o que nos xuntou e estivemos con eles todo o día e cantamos e bailamos e como nesa edade o meu era a festa pensei: muller aprender a tocar a gaita o tambor ou o acordeón non me vexo  capacitada pero o da pandeireta parece sinxelo...e increiblemente despois da resaca e do paso dos dias seguia ca mesma teima, asi que comprei unha (barata eso si porque esto igual non me duraba mais de quince días) e busquei unha amiga a qué liar, porque nestos casos unha amiga sempre é necesaria, non vas ir tu despois sola facendo o tonto por ahí. 

Xa tiña a pandeireta e a amiga, Roseta, solo nos faltaba encontrar a alguén que nos quixera ensinar. Era a epoca do auxe do folk, todo o mundo tocaba a gaita, escoitaba musica folk e as deputacions querían ter unha banda de gaitas por metro cuadrado, así que eso era o mais sinxelo, no antiguo hospital (na escola de gaitas)empezamos a ir a clases con Cristina(Sonoro Maxin) e o meu mundo mudou para sempre.

sábado, 19 de marzo de 2016

SEMPRE HAI COUSAS.....



Si, todos os dias pasa algo novo, e ahora apeteceme recordar certas cousas e que moitos dos que son protagonistas da miña vida saiban o lugar que ocupan nas miñas lembranzas. Irei pouco a pouco tentando ordenar recordos, a orde non será importante, irá saindo sin prisa....