lunes, 24 de julio de 2017

DE RAPAS E GAITEIROS

Os Airiños temos a gran  sorte de ser tratados con moito cariño a calquera dos sitios que imos tocar. Pero sempre hai sitios que son especiais e Sabucedo é un destes sitios. Fai moitos anos que os Airiños fixeron a súa primeira actuación en Sabucedo, o ano en que se puxo a primeira pedra co Curro novo. Xa choveu...
Fai dous anos, e por cousas do destino aparecimos no Samaín, e a experiencia foi marabillosa, pero a nosa sorte non rematou ahí e chamaronnos para A Rapa 2016 e eso xa foi a ostia. Pasamolo de medo, vivimos a Rapa, entendimos a festa e coñecemos o traballo que durante todo o ano desenvolven e que culmina nesos tres días impagables. Quedamos con ganas de máis e voltamos a outro Samaín e a Rapa de este ano e xa foi cando nos sentimos de Sabucedo,porque non se nos pode tratar mellor.
Todo esto resúmese nun enorme GRAZAS SABUCEDO!!!Estamos preparados para que nos adoptedes "adopta un ghaiteiro, non o compres"