lunes, 24 de julio de 2017

DE RAPAS E GAITEIROS

Os Airiños temos a gran  sorte de ser tratados con moito cariño a calquera dos sitios que imos tocar. Pero sempre hai sitios que son especiais e Sabucedo é un destes sitios. Fai moitos anos que os Airiños fixeron a súa primeira actuación en Sabucedo, o ano en que se puxo a primeira pedra co Curro novo. Xa choveu...
Fai dous anos, e por cousas do destino aparecimos no Samaín, e a experiencia foi marabillosa, pero a nosa sorte non rematou ahí e chamaronnos para A Rapa 2016 e eso xa foi a ostia. Pasamolo de medo, vivimos a Rapa, entendimos a festa e coñecemos o traballo que durante todo o ano desenvolven e que culmina nesos tres días impagables. Quedamos con ganas de máis e voltamos a outro Samaín e a Rapa de este ano e xa foi cando nos sentimos de Sabucedo,porque non se nos pode tratar mellor.
Todo esto resúmese nun enorme GRAZAS SABUCEDO!!!Estamos preparados para que nos adoptedes "adopta un ghaiteiro, non o compres"

martes, 17 de enero de 2017

OS FACHÓS

O San Amaro abre a porta de entrada os Fachós en Castro Caldelas: "se vas o San Amaro vaille decindo o gaiteiro que se presente no Castro o 19 de Xaneiro"
Ésta é sin dúbida a festa màis importante para todos os Caldelaos. Da igual que chova,neve ou que unha ola "siberiana" pretenda asomar ese día. Da igual que sexa luns, martes ou domingo.Os Fachós son os máis esperados, son únicos.

Ese día o caldelao levantase con un hormigueo na boca do estómago. Non desaparece ata que o primer berro de ¡VIVA SAN SEBASTIÁN! brota pola gorxa o ver descender o Fachón grande pola Vila.Os nervios agochanse e cada unha das persoas que porta o seu fachón e en todos os que porteamos o Fachón grande, porque é unha honra poder facer a procesión o seguindo as notas dos Airiños, entre fume e lume polas rúas do Castro.
A emoción chega o seu culmen cando o Fachón remata o seu camiño na fogueira do adro da Igrexa. E ahí remata todo, e ahí comenza a outra festa, a do viño os chourizos e a música. E o Caldelao xa conta os días que lle quedan ata o proximo 19 de Xaneiro.